A Plataforma en Defensa do Sur Da Dorsal Galega convocou o pasado venres en Fornelos de Montes unha xornada informativa sobre a repercusión dos parques eólicos despois do recente anuncio do proxecto de Coto das Eiras que pretende instalar dez aeroxeneradores entre os municipios de Fornelos de Montes e Mondariz, afectando de maneira directa ás parroquias de Gargamala, Traspielas e Ventín, xunto con repercusións en centos de propiedades particulares de varias parroquias de Fornelos e Pazos de Borbén. Hoxe contamos con Javier membro da plataforma para coñecer da súa man os puntos máis importantes a ter en conta sobre o que se falou na xornada informativa e poder achegala a máis xente.
Prazo de alegacións ata o 23 de outubro, modelos de alegacións aquí: