A piques de aprobarse o PXOM de Vigo a veciñanza de Bembrive mantén a súa loita contra as obras do túnel da autovía A-52 que consideran “innecesario”. Rexeitan a construción desta infraestrutura que supondrá un investimento superior aos 300 millóns de euros “cando a liberación da peaxe da autoestrada que vai en paralelo sería unha opción máis lóxica”. Denuncian que esta actuación conlevaría un grave impacto ambiental e social nesta zona rural de Vigo. Roberto Estévez, presidente do colectivo Bembrive en Pé, sinala que o modelo de “piche e formigón dos anos 80 está esgotado” e que as políticas do século XXI deberían camiñar cara unha mobilidade “máis sostible” e cun transporte público “eficiente e útil” para a cidadanía que permita reducir o uso do vehículo particular.

Entrevista con Rubén de Alterazión, finalistas do concurso de maquetas do Millo Verde
Nesta nova entrega de “A voz emerxente”, charlamos con Rubén, membro da banda melidense Alterazión, que este sábado, 12 de abril, competirá na final do Concurso de Maquetas do Festival