Nesta nova entrega da Sección ‘Outro mundo é posible’ contamos con Raquel Touriño, Presidenta da Federación Pola Igualdade da Provincia Pontevedra (FEMUPO) para falar dos Premios Mulleres Femupo 2024. E facer un repaso polas actuacións na contorna, entre as que se atopa unha colaboración coa asociación Mulleres en Igualdade de Redondela.
A gala de entrega de premios celébrase o Sábado, 23 de marzo, ás 20:30 horas no Club Naval de Pontevedra e as galardoadas deste ano son:
– Forestalis no ámbito Empresarial
– Club Ciclista Farto no ámbito Deportivo
– CIM Marín no ámbito da Administración
– Estudo Bonobo no ámbito Cultural.
Presenta a actriz Isabel Blanco, con actuación de ‘Algo pasa con Mery’. A entrada é de balde ata completar aforo.