A Plataforma en Defensa da Ría de Vigo leva anos denunciando os proxectos de aterramentos da Autoridade Portuaria. Critican o modelo elixido polo Porto de Vigo para gañar espazos. Aseguran que os recheos son innecesarios e que afectan de xeito irreversible ao ecosistema mariño. Demandan unha reordenación dos espazos e que se trasladen a polígonos industriais aquelas empresas que non precisen estar na costa. Hoxe falamos co seu presidente, Serxio Regueira.