Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: Sindicato Labrego Galego – Mobilizacións agrarias

Nesta nova entrega da sección ‘Outro mundo é posible’ conversamos coa Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba,  para falar das últimas reunións feitas no marco das mobilizacións do sector primario en toda Europa e que chegarán tamén a Galicia.

‘Unidade de acción’ é a idea que resume o acordo alcanzado por Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Asociación Agraria de Galicia e Asociación Galega de Cooperativas  que decidiron programar un calendario de mobilizacións que levarán a cabo tras as eleccións autonómicas  do 18 de febreiro para defender os intereses e dereitos do sector produtor.

A continuación detállanse os puntos incluídos no DECÁLOGO DE REIVINDICACIÓNS DAS ORGANIZACIÓNS AGRARIAS GALEGAS

1. PREZOS XUSTOS PARA OS NOSOS PRODUTOS. Eliminación da especulación, e creación de índices de referencia dos custos de produción nos diferentes sectores , incluíndo unha remuneración digna do traballo das produtoras e produtores, e mecanismos para facer cumprir a Lei da Cadea Alimentaria e acabar con prácticas e marxes abusivas.

2. Rexeitamento os tratados de libre comercio (mercosur), que poñan en perigo as nosas producións, e priorizar as nosas producións fronte a terceiros países que comercializan ca UE.

3. Eliminar a burocratización que nos asfixia:

  • Caderno dixital.
  • Decreto de ordenación de explotacións bovinas.
  • Decreto de fertilización sotible de solos.

4. Adaptación dos ecoesquemas e da pac á realidade da agricultura e gandeiría galegas, pagos en función das persoas activas e non pola superficie.

5. Importes suficientes para atender todas as solicitudes de produción en ecolóxico, así como a totalidade de expedientes de agroambiente e clima e as axudas de incorporación

6. Recuperación de terra agrícola e a súa especial protección. e apoios ao sector fronte a novos retos como os cambios no clima, novas enfermidades ou o encarecemento dos insumos e combustibles . maior apoio á investigación pública, que axude e acompañe ao sector na situación actual e de cara aos novos problemas que afectan ao sector, para unha maior sostenibilidade nas explotacións.

7. Fomentar o acceso da poboación a alimentos saudables mediante a potenciación e o apoio aos mercados locais, os circuitos curtos e a compra pública de alimentos ecolóxicos e de proximidade.

8. Mantemento da redución no prezo do gasóleo para o sector, así como as condicións do gasóleo agrícola profesional.

9. Remuneración dos danos de fauna salvaxe (xabarín, lobo…), e do lucro cesante e da totalidade das perdas ocasionadas, que deben ser minimizadas.

10. Creación da figura do mediador na negociación de contratos e posta en marcha de observatorios de precios nos productos agrogandeiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp