Naturais, elaborados co leite das vacas da súa propia granxa e con sabores tan galegos como o licor café, a torta de Santiago ou o viño da Ribeira Sacra. Así son os xeados de Xeou!, unha marca que naceu en Portomarín en 2019 da man dunha cooperativa agraria familiar. Manuel Arias pensa que é un erro imitar en Galicia a industria láctea intensiva de países como Holanda, e que os gandeiros do país deben apostar por darlle valor engadido ao seu leite.

Entrevista con Rubén de Alterazión, finalistas do concurso de maquetas do Millo Verde
Nesta nova entrega de “A voz emerxente”, charlamos con Rubén, membro da banda melidense Alterazión, que este sábado, 12 de abril, competirá na final do Concurso de Maquetas do Festival