“Asasinato para principiantes” é a recomendación literaria que nos achega Carmela Santos. Un libro de Holly Jackson que foi trasladado á pequena pantalla en formato de serie televisiva.
Unha proposta enmarcada no espazo Radio Reto Lector, iniciativa das Bibliotecas de Redondela en colaboración coa Radio Municipal e que converten a Carmela Santos na persoa máis nova en participar nesta sección que busca a colaboración de lectores e lectoras.
Lembramos que esta iniciativa ten premio cun sorteo final entre todos os participantes que se acheguen aos micrófonos da emisora local ao longo do ano..