Eugenia Pereira Rodríguez (1895 -1984) foi unha química e farmacéutica galega, a primeira muller galega que obtivo a licenciatura de Farmacia de acordo coa Lei de 1910. (Anteriormente, Manuela Barreiro Pico obtivera dita licenciatura grazas a un permiso).