Alumnado e profesorado do IES Chapela ofrécennos unha nova proposta de teatro radiofónico. Nesta ocasión dende 3º de ESO chega o capículo “Seres”.
Enma contempla as estrelas dende a ventá da súa habitación cando de súpeto unha bola branca pasa velozmente preto da cidade de NY para explosionar contra o chan. Non tarda en poñerse en contacto co seu amigo Daryl, pero parece que nada do sucedido é real. Zoe, Nahia, Marc e o propio Daryl, o seu grupo de amigos, desconfían de se Enma está ben e tentan apoiala….