O pintor e restaurador de Redondela, Ángel Barros, presenta unha nova exposición no Multiúsos da Xunqueira con obras que queren denunciar inxustizas, as guerras e as súas consecuencias así como reclamar a protección da memoria histórica ou do patrimonio. Unha exposición que se pode visitar ata finais de novembro e que o propio Barros dará a coñecer a través de visita guiadas especialmente orientadas aos centros educativos.