
- Este evento pasou.
Aniversario centro cultural de Vilar
Marzo 23 @ 17:00 - 21:00
O Centro cultura de Vilar celebra o seu aniversario. Co gallo desta conmemoración este domingo día 23 de marzo convida á veciñanza a unha tarde de convivencia e festa na sede do centro a partir das 17:00 horas. Música, baile e actividades pensadas para público familiar centrarán o programa de actividades que se prolongará durante a tarde.
Para amenizar a xornada haberá actuacións do grupo de baile moderno Falcatruada, o Grupo de pandereteiras Follas Verdes e o Grupo de gaitas e percusión Aluarado, todos eles formacións da propia parroquia de Vilar de Infesta.
Haberá tamén actividades pensadas para os máis cativos como o espectáculo Duende Circo un show cheo de humor, malabares, música e maxia que sorprenderá a grandes e pequenos.