- Este evento pasou.
Certame fotografía Fernando Monroy
22 Setembro 2023 @ 08:00 - 2 Novembro 2023 @ 17:00
O prazo de presentación de imaxes para participar na XVIII edición do certame, que chega así a súa maioría de idade, rematará o día 2 de novembro. Os participantes deberán presentar unha copia dixital e outra impresa das obras con premios en dúas categorías: xuvenil, na que poden participar mozos e mozas de ata 17 anos, e a categoría de adultos.
Mantéñense os principios básicos desta actividade con varias modalidades. Haberá unha instantánea gañadora que levará 250 euros. Despois hai dúas categorías: a de adultos con tres premios (150, 125 e 100 euros) e a de xuvenís con dous (100 e 50 euros). Nesta categoría poden participar menores de ata 17 anos.