- Este evento pasou.
Charla sobre os cambios na tarifa da luz
23 Setembro 2021 @ 19:00 - 20:00
A Escola galega de Consumo organiza este xoves ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira unha charla sobre a nova factura da luz. Ao longo dunha hora informarase aos asistentes sobre os diferentes aspectos á hora de entender unha factura eléctrica así como as medidas a aplicar para abaratar o consumo. A entrada é de balde e as persoas poderán acudir a charla cunha factura da luz.