Hoxe é Sábado 21 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Charla sobre seguridade en Chapela

19 Outubro 2023 @ 17:00 - 19:00

A Policía imparte unha charla de seguridade para persoas maiores en Chapela. A Asociacións de veciños da parroquia organiza esta actividade que terá lugar o xoves 19 ás 17:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego. Na charla abordaranse as principais tipoloxías delictivas que afectan ao colectivos de persoas maiores e achegaranse consellos para evitar este tipo de delitos

Ademais de abordar delitos habituais como poida ser un roubo na vivenda ou ser vítima dun engano, a crecente incidencia en delitos cometidos a través das novas tecnoloxías leva tamén a abordar esta cuestión. Así, daranse a coñecer os métodos que utilizan os delincuentes e seguidamente estableceranse pautas de como poñerlles freo, facilitando algunhas medidas de seguridade a adoptar e algúns consellos para operar de forma segura por internet, por exemplo, no caso de realizar algunha compra.

Detalles

Data:
19 Outubro 2023
Hora:
17:00 - 19:00