- Este evento pasou.
Cine no Multiúsos
22 Outubro 2022 @ 19:30 - 21:30
Proxección da película Malenconía o sábado 22 de outubro ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Un acto enmarcado no ciclo de cine Mestre Mateo, iniciativa da Academai Galegado Audiovisual en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Sira e Pepe, tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, mercarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada. Chegados áaldea descobren con sorpresa que teñen unha peculiar veciña chamada Isolina. Dirixida por Alfonso Zarauza e producida por Maruxiña Film Company, a película obtivo 11 candidaturas finalistas aos XX Mestre Mateo, resultando premiados polos seus traballos os intérpretes Iolanda Muíños e Diego Anido.