- Este evento pasou.
Concerto de Alberto Vilas
Xullo 13 @ 22:00 - 23:30
O sábado 13 é o turno do artista redondelá Alberto Vilas, co seu traballo “Once cancións e unha danza” nun concerto no Carballo das Cen Pólas no que contará coa colaboración de Cristina Suárez. O domingo día 14 o protagonismo será para a música tradicional co concerto de Abeleiras na Praza da Casa da Torre.
O músico redondelán dará un concerto no que o público se atopará cun proxecto diferente aos seus anteriores traballos porque non se trata de pezas completamente novas, senón baseadas na música popular.
*A programación cultural estival do Concello de Redondela inclúe unha vintena de concertos, o Festival de Artistas de Rúa e o Entroido de Verán. As propostas musicais van desde os grupos tradicionais ata o rock, pasando polo blues e certames como o XXVIII Festival de Bandas de Música ou o XII Festival Folk Illa de San Simón.