Concerto de Lula Mora en Espaço Vivo
Novembro 26 @ 20:00 - 22:00
Espaço Vivo é unha sociedade cooperativa galega nada para como un proxecto de economía circular baseado no agro e na cultura do noso país. Ten como obxectivo promover unha mestura entre a agricultura, as artes e a gastronomía vegana.
Contan cun centro de produción hortícola propio e unha pequena sala para o procesado e elaboración dos produtos e a súa degustación situado no Camiño do Fixón 64 . Ofrecen menú degustación con reserva previa de mércores a domingo en horario de xantar e cea, aderezado os fines de semana con actuacións en directo.
Lula Mora son un dúo de indie-folk formado por unha galega e unha canaria e chegarán a Redondela o domingo 24 de novembro pechando a programación de Espaço Vivo para este mes. Sara, cambadesa, e Silvia, tinerfeña, crean música de autor co galego como un dos seus símbolos.
A programación de Espaço Vivo é para público reducido, polo que se precisa de reserva previa cun mínimo de catro horas de antelación no teléfono 622193026 ou no enderezo electrónico artenaleiragz@gmail.com. Ofrecen unha experiencia única na que o público comparte espazo e mesa cos artistas para xerar sinerxías entre distintas culturas e degustar gastronomía ecolóxica feita con agarimo e moita imaxinación.