- Este evento pasou.
Concerto de RetroBlues + Jay & The smoking machines
Xullo 19 @ 22:00 - 23:30
Os amantes do blues teñen unha cita o venres 19 de xullo co Retroblues+Jay&The Smoking Machines na Praza da Torre ás 22.00.
Retroblues está formado por Jorge Álvarez no baixo, Nardo Lago na trompeta, Lucho Vilas na batería e Juan Álvarez na guitarra e na voz. Xuntos fan rock&roll clásico mesturado con blues que como din eles mesmos “o levan en vea”.
Jay&The Smoking Machines é unha banda internacional, con base en Redondela composta por JAy, orixinario de Holanda, Lui e Alberto que contan con anos de experiencia no mundo da música e que deciden dar comezo a este proxecto no que mesturan influencias do blues de Nova Orleans, o swing, country e o jazz, xunto co rock dos anos 50.
*A programación cultural estival do Concello de Redondela inclúe unha vintena de concertos, o Festival de Artistas de Rúa e o Entroido de Verán. As propostas musicais van desde os grupos tradicionais ata o rock, pasando polo blues e certames como o XXVIII Festival de Bandas de Música ou o XII Festival Folk Illa de San Simón.