- Este evento pasou.
Concerto de Sés
Xullo 25 @ 22:00 - 23:30
O 25 de xullo, o protagonismo será para a cantautora galega Sés cun concerto no paseo marítimo de Chapela ás 22.00 horas.
A cantautora María Xosé Silvar (A Coruña, 1982), máis coñecida como SÉS, leva unha década sobre os escenarios. Ademais de compoñer e interpretar os seus propios temas en galego, tamén se encarga da edición técnica. Ten oito discos na mochila e uns cuantos carteis de sold out que a abandeiran en Galicia e América Latina.
*A programación cultural estival do Concello de Redondela inclúe unha vintena de concertos, o Festival de Artistas de Rúa e o Entroido de Verán. As propostas musicais van desde os grupos tradicionais ata o rock, pasando polo blues e certames como o XXVIII Festival de Bandas de Música ou o XII Festival Folk Illa de San Simón.