
- Este evento pasou.
Concurso de maquetas Millo Verde
Marzo 4 @ 08:00 - 17:00
As bandas que desexen participar deberán enviar as súas propostas ao correo maketas@milloverde.org antes do 4 de marzo de 2025. Entre todas as inscricións, serán seleccionadas dúas bandas finalistas que terán a oportunidade de actuar nun concerto especial o 12 de abril de 2025 na Antiga Feira do Gando de Redondela.
Poderán participar no concurso grupos e solistas residentes en Galicia que non teñan disco editado por discográficas profesionais. Tamén se admitirán artistas que teñan publicado singles, extended plays ou participado en discos recompilatorios. As propostas poden ser de calquera estilo musical.
As bandas deberán enviar un conxunto de tres cancións de composición propia en formato MP3, xunto cun vídeo ou un enlace ao mesmo, e unha breve reseña biográfica en formato PDF que incluía os datos dos compoñentes, o estilo, a procedencia e os concertos realizados. Tamén é imprescindible incluir o nome, número de teléfono e correo electrónico da persoa de contacto.