Hoxe é Sábado 28 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Cursos de informática e internet en Soutomaior

10 Xullo 2023 @ 11:00 - 21 Xullo 2023 @ 13:00

O concello de Soutomaior organiza neste mes de xullo dous “minicursos” de informática orientados a maiores de 18 anos que se impartirá na biblioteca de Arcade. A actividade consta con seis horas lectivas que se impartirán en horario de mañá de 11 a 13 horas os días 10, 11 e 12 e que se repetirá os días 17, 18 e 19. As persoas interesadas deben inscribirse previamente a través da páxina web do concello.

O obxectivo do curso, completamente de balde, é achegarlle é ensinarlle aos participantes a realizar trámites administrativos e bancarios a través de internet así como facilitarlle o mellor uso do correo electrónico, redes sociais, a chave 365, o certificado dixital e outras xestións que a día de hoxe se poden solucionar a través do propio teléfono móbil como a aplicación do Sergas para a solicitude de citas médicas.

Detalles

Comezo:
10 Xullo 2023 @ 11:00
Remate:
21 Xullo 2023 @ 13:00