- Este evento pasou.
En marcha contra o cancro
Xuño 16 @ 10:30 - 14:00
A Asociación española contra o cáncer celebra o domingo 16 de xuño a V edición da súa andaina solidaria “en marcha contra o cancro” co obxecto de recadar fondos ao tempo que concienciar sobre a necesidade de seguir investigando e traballando en prevención e tratamentos contra a enfermidade.
Nesta ocasión o percorrido partirá dende a Alameda de Redondela e pasará polo val do Maceiras e o paseo da Portela. A dificultade do traxecto, de 8 kilómetros é baixa e a inscrición ten un prezo de 6 euros. Cada participantes recibirá unha camiseta de agasallo e unha bolsa de avituallamento. As persoas interesadas en inscribirse poden facelos na sede do local no Multiusos da Xunqueira os mércores de 12 a 14 horas ou chamando ao teléfono 678 515646.