
- Este evento pasou.
Encontro de mulleres
Marzo 29 @ 09:00 - 22:00
Soutomaior convoca a XVI edición do Encontro de Mulleres con visita a Salvaterra
As mulleres interesadas en asistir poderanse inscribir en liña antes do 17 de marzo ou de xeito presencial no concello e no Multiúsos en horario de 9:00 a 14:00h. A cita ten como obxectivo fomentar a convivencia e o empoderamento entre as mulleres do municipio. O evento terá lugar o sábado 29 de marzo e o destino elixido nesta edición é a localidade de Salvaterra de Miño.
As mulleres que desexen asistir terán que pagar 25 euros as empadroadas en Soutomaior e 30 euros para as non empadroadas. Un prezo que inclúe todas as actividades e traslados organizados durante toda a xornada.