Hoxe é Domingo 22 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Escola de pais e nais con fillos adolescentes

23 Outubro 2023 @ 18:30 - 20:30

A Federación de Anpas de Redondela pon en marcha unha escola de pais e nais que busca ser un espazo no que reflexionar, comprender e atopar ferramentas para acompañar aos fillos e fillas nesa etapa dun xeito máis saudable e satisfactorio.

Convocan a todas as persoas interesadas a achegarse a unha actividade que arrancará o luns 23 en horario de tarde no IES Pedro Floriani dende as 18:30 a 20:30. Unha reunión participativa onde se falará de todos os problemas que se viven nas familias con fillos na puberdade e na adolescencia e que será a primeira das oito reunións previstas (as seguintes serán os días: 30 de outubro, 6 e 13 de novembro, 15, 22, 29 de xaneiro e 5 febreiro).

Detalles

Data:
23 Outubro 2023
Hora:
18:30 - 20:30