O programa de visitas culturais do Concello de Redondeña, orientado a persoas maiores de 55 anos, abre o prazo para se inscribir nunha nova viaxe que levará aos participantes a coñecer as localidades de Ribadavia e Allariz. As excursións desenvolveranse os día 27 e 30 de outubro e teñen un custe de 19 euros. As persoas interesadas deben inscribirse ante do 11 de outubro nas oficinas de turismo.