- Este evento pasou.
Festa da Coca
8 Xuño 2023 @ 11:00 - 23:30
O xoves 8 de xuño, Redondela esperta adobiada de auténticos tapices naturais para dar chegada a un día cargado de actos. Ás 12 horas terá lugar o Desfile da Coca, cos Mordomos e Dianiños acompañada por Xigantes e Cabezudos e o grupo de gaitas Airiños de San Simón. Logo da Misa Maior (Igrexa de Santiago de Redondela ás 12 horas) terá lugar a Procesión polas rúas adornadas coas alfombras de flores, acompañada pola Banda de Música de Redondela e deseguido A Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución. As alfombras florais tamén serán protagonistas o sábado 12 de xuño xa que será cando se elaboren nas rúas de Vilavella.
A partir das 22:00h haberá un concerto no Campo da Feira da orquestra Saudade.