- Este evento pasou.
Festa da Coca
Xuño 2 @ 10:00 - 22:00
Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man.
O domingo, día 2 de xuño, o desfile da Coca será tamén ás 12.00 cos Mordomos e Diañiños, acompañada por Xigantes e Cabezudos ao son do grupo de gaitas do Carballo das Cen Pólas. Tamén ás 12:00 será a misa na Igrexa de Vilavella, coa posterior procesión polas rúas de Vilavella decoradas con alfombras florais e acompañada pola Danza das Espadas, das Penlas e a Banda de Música de Chapela. O baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas será na Praza de Ribadavia.
As festas pecharanse cos concertos da Banda de Música de Chapela ( 18:00 horas) e a orquestra La Fórmula (22:0o horas), cunha espectacular posta en escena cos seus 24 integrantes que prometen un gran show.