Hoxe é Martes 8 de Abril de 2025
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Festa da ostra

Abril 4 @ 22:00 - Abril 6 @ 22:00

A cita gastronómica celebrarase os días 4, 5 e 6 de abril en Arcade e confía en repetir a asistencia de público de edicións anteriores nas que se superaron as 30.000 persoas que poderán degustar as ostras a prezos populares. A ducia de ostras custará 10 euros e para acompañar serviranse viños albariños de Soutomaior a 12 euros a botella.  O pregoeiro desta edición será o humorista,  Celso Fernández Sanmartín “Celsiño”.
As celebracións arrancarán o día 4 coas actuacións das orquestras América de Vigo e da París de Noia.
O sábado 5 a apertura das casetas está prevista para ás 12:00h., con pasarrúas de Bassica Rapa e xa pola noite chegarán as actuacións das orquestras Olympus e Kubo e coa tirada de fogos de arteficio ás 00:00h.
O domingo 6 de abril o día arrancará ás 10:00 da mañá co pasarrúas da Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade dende o Calvario ata o Peirao. As once terá lugar a apertura das casetas e ás 13:00 horas o contador de historias e monologuista, veciños do concello de Soutomaior, Celso Fernández Sanmartín será o encargado do pregón.  Xa pola tarde terá lugar a actuación dos “Festicultores Troupe” .

Detalles

Comezo:
Abril 4 @ 22:00
Remate:
Abril 6 @ 22:00
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: