- Este evento pasou.
Festa do cocido
22 Xaneiro 2023 @ 10:00 - 19:00
O domingo a Comisión de festas de Trasmañó organiza a festa do cocido “un xantar a fartar” explica Juan González dende a organización quen insiste en que ninguén quedará con fame e que os pratos encheranse de produtos de primeira calidade tanto para os que queiran degustalos na carpa climatizada como os que opten por levar as racións para casa. XII edición dunha cita máis que asentada na bisbarra e na que compre reservar previamente chamando aos teléfonos 663 17 69 51 ou 670 884 419. Tamén na cafetería O Rodeo en Rande. Os comensais participarán ademais en sorteos e xogos con premios e a tarde estará amenizada polo trío Tic Tac.