A Alameda de Redondela acollerá o vindeiro luns día 1 a Festa dos Maios que revive e volve sumar un elevado numero de participantes. Conos e cruceiros, enmarcados na categoría de maio tradicional, compartirán escenario con estruturas máis variadas e sorprendentes que participarán na categoría de maio artístico. Está previsto que os Maios participantes se instalen na Alameda Castelao ao redor das 11:00 horas do luns. As interpretacións no palco arrancarán media hora despois baixo a atenta mirada do xurado que terá que valorar a vestimenta e a interpretación que os participantes fagan das súas coplas.