Festival de Panxoliñas e Canción Tradicional
Decembro 21 @ 18:00 - Decembro 22 @ 21:00
O Auditorio da Xunqueira acolle esta fin de semana, os días 21 e 22 de decembro, unha nova edición do Panxoliñas e Canción Tradicional. O concertos comezarán o sábado ás 18.00 horas coas actuacións do Coro Tradicional Tirapuxa Trasmañó, a Coral San Estevo e a Coral da S.L.C. de Reboreda. O domingo o festival comezará ás 17.30 horas, coas actuacións das corais O Piñeiral de Chapela, Pedra Blanca de Cesantes, A Raiña de Cedeira, Coral Ondas do Mar de Vigo e Coral Polifónica de Soutomaior.
O festival, para todos os públicos e con entrada de balde, forma parte da programación de Nadal do Concello de Redondela