- Este evento pasou.
Galegas dixitais
27 Setembro 2022 @ 08:00 - 17:00
o programa Galegas dixitais, dirixido a mulleres, é unha iniciativa organizada por beProject e Ara Formación e financiada polos fondos NexGenerationEU, que conta coa colaboración do Concello de Redondela e é totalmente gratuíta. As mulleres participantes recibirán de agasallo un ordenador portátil ademais dun título oficial acreditativo. As clases darán comezo o 29 de setembro para rematar o 9 de novembro e impartiranse en horario de mañá (09 h a 14 horas) ou tarde (16 h a 21 horas).
Para máis información, as interesadas poden dirixirse ao teléfono 986 400 300 ou no WhatsApp 604 039 575. A inscrición pode realizarse a través da plataforma galegasdixitais.es