- Este evento pasou.
Homenaxe nacional a Dorothé Schubart
11 Novembro 2023 @ 19:30 - 21:00
O Concello de Redondela organiza este acto para recoñecer e difundir o enorme traballo que sobre a cultura popular levou adiante Dorothé Schubart.
Para isto contaremos coa presenza de persoas que conviviron con ela, con quen traballaron pezas musicais sobre a súa obra “Cancioneiro popular galego” e con grupos de música tradicional de Redondela.
Un acto que mesturará tres formas de expresión musical con base na cultura popular, incluída a interpretación de pezas para piano e voz.
Ademais, tamén haberá un concerto infantil sobre Dorothé para que a cativada aprenda un chisco sobre ela.
CONCERTO INFANTIL: Auditorio da Xunqueira ás 12h, entrada de balde.
HOMENAXE: Auditorio da Xunqueira, 11 de novembro ás 19:30, entrada de balde.