- Este evento pasou.
III marcha contra o Cancro
5 Xuño 2022 @ 10:30 - 14:30
A Asociación contra el cáncer de Redondela organiza o domingo 5 de xuño unha actividade de visibilización na que poden participar todas as persoas que o desexen e que consistirá nunha marcha de 8 kilómetros de dificultade baixa. A saída partirá dende a Alameda de Redondela ás 10:30 horas e s persoas participantes percorrerán o Val do Maceiras e o paseo da Portela. A inscrición ten un custe de 6 euros e inclúe unha camiseta de agasallo e unha bolsa de avituallamento. A inscrición debe realizarse na sede da asociación no Multiúsos os mércores de 12:30 a 14:00 horas ou nos teléfonos 678 515 646 e 654 235 376.