
- Este evento pasou.
Kaiak pola enseada
Abril 19 @ 12:30 - 15:00
O sábado 19 de abril ás 12.30 horas o Concello organiza unha actividade de kaiak ambiental pola enseada de San Simón. Nesta actividade os participantes poderán coñecer os fondos mariños e a contorna da illa de San Simón. O prezo é de 20 euros. Para participar é preciso facer previamente a reserva na Oficina de Turismo, rúa Isidoro Queimaliños, a través do teléfono 986 401 713 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal.