Axudas polo Covid
O Concello ten aberto ata o 30 de outubro o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás axudas sociais orientadas a familias que se viran afectadas polo COVID-19. Máis información en www.redondela.gal
O Concello ten aberto ata o 30 de outubro o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás axudas sociais orientadas a familias que se viran afectadas polo COVID-19. Máis información en www.redondela.gal
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda celebra o Samaín de 19.00 a 21.00 horas con animación infantil a cargo de Orquestra de Camarote e O Bardo Abelardo. Merenda de balde. Aforo limitado. Inscricións por whatsapp no 621 39 02 62.
O Multiúsos da Xunqueira acolle unha exposición fotográfica coas imaxes participantes no concurso organizado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. Aberta ata o 31 de xaneiro de 2021.
As entradas para ver a obra de Educateatro no auditorio da Xunqueira están agotadas para a función do domingo ás 18.00 horas, pero todo o público que o desexe poderá seguir a función en directo a través da páxina de Facebook do Concello de Redondela.
Entre o 15 e o 24 de decembro poderá visitarse a casa de Papá Noel na Alameda Castelao de Redondela en horario de 17.00 a 19.30 horas. O día 24 tamén en horario de mañán de 11.00 a 14.00.
O músico redondelán presenta o seu último traballo no auditorio da Xunqueira. Entrada de balde con recollida de billete no Multiúsos. Aforo limitado. O concerto será retransmitido en directo a través do Facebook do Concello de Redondela.
A Escola de Danza Miriam Pino protagoniza este espectáculo no Auditorio da Xunqueira a beneficio de Unicef. Entradas esgotadas, trasmitirase en directo polo Facebook de Piyopi Animaciones para todas as familias #amigossolidarios365dias que queiran colaborar. Achegas a través da ligazón https://www.unicef.es/donacion-gotas
A programación cultural de 2021 arranca co tradicional concerto de Aninovo da Orquestra de Saxos de Redondela. A cita é ás 20.00 no Auditorio da Xunqueira. Entrada de balde con aforo limitado. Billetes dispoñibles a partires das 18.00 horas no Multiúsos da Xunqueira.
A diversión está garantida con esta agrupación que bebe de ritmos do folclore mundial. Cumbias, rumba, tango, reagge ou swing forman parte do seu repertorio pasando polo filtro da tradición galega. Entrada de balde, con aforo limitado. Retirada de billetes no Multiúsos da Xunqueira.
Será coa obra "Cartoóns" un espectáculo de Excéntricas e Teatro do Adro. A cita é o domingo, 7 de marzo, ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entradas, a un prezo de 3 euros, estarán á venda a partir de mañá mércores, día 3 de marzo.
O teatro infantil regresa ao Auditorio da Xunqueira co espectáculo Ningures, de Teatro ao Cubo, onde Sofía Espiñeira e Roberto Casal misturan danza, circo, monicreques e teatro de obxectos. Entradas á venda, 3 euros. A obra fora adiada o pasado mes de outubro por mor das restricións sanitarias. As entradas retiradas na billeteira daquela son […]
Paseo nocturno para coñecer o litoral de Cesantes e a enseada de San Simón. En horario de 21.30 a 23.30 horas. Actividade de balde con reserva previa no enderezo turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13. Organiza concellería de Medio Ambiente.