Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro: Os tres porquiños

As entradas para ver a obra de Educateatro no auditorio da Xunqueira están agotadas para a función do domingo ás 18.00 horas, pero todo o público que o desexe poderá seguir a función en directo a través da páxina de Facebook do Concello de Redondela.

A Casa de Papá Noel

Entre o 15 e o 24 de decembro poderá visitarse a casa de Papá Noel na Alameda Castelao de Redondela en horario de 17.00 a 19.30 horas. O día 24 tamén en horario de mañán de 11.00 a 14.00.

Alberto Vilas. Naialma

O músico redondelán presenta o seu último traballo no auditorio da Xunqueira. Entrada de balde con recollida de billete no Multiúsos. Aforo limitado. O concerto será retransmitido en directo a través do Facebook do Concello de Redondela.

En busca de Santa, O Musical

A Escola de Danza Miriam Pino protagoniza este espectáculo no Auditorio da Xunqueira a beneficio de Unicef.  Entradas esgotadas, trasmitirase en directo polo Facebook de Piyopi Animaciones para todas as familias #amigossolidarios365dias que queiran colaborar. Achegas a través da ligazón https://www.unicef.es/donacion-gotas

Concerto de Aninovo da Orquestra de Saxos

A programación cultural de 2021 arranca co tradicional concerto de Aninovo da Orquestra de Saxos de Redondela. A cita é ás 20.00 no Auditorio da Xunqueira. Entrada de balde con aforo limitado. Billetes dispoñibles a partires das 18.00 horas no Multiúsos da Xunqueira.

Pillabands en concerto

A diversión está garantida con esta agrupación que bebe de ritmos do folclore mundial. Cumbias, rumba, tango, reagge ou swing forman parte do seu repertorio pasando polo filtro da tradición galega. Entrada de balde, con aforo limitado. Retirada de billetes no Multiúsos da Xunqueira.

Teatro infantil

Será coa obra "Cartoóns" un espectáculo de Excéntricas e Teatro do Adro. A cita é o domingo, 7 de marzo, ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entradas, a un prezo de 3 euros, estarán á venda a partir de mañá mércores, día 3 de marzo.

Teatro infantil

O teatro infantil regresa ao Auditorio da Xunqueira co espectáculo Ningures, de Teatro ao Cubo, onde Sofía Espiñeira e Roberto Casal misturan danza, circo, monicreques e teatro de obxectos.  Entradas á venda, 3 euros. A obra fora adiada o pasado mes de outubro por mor das restricións sanitarias. As entradas retiradas na billeteira daquela son […]

Paseo nocturno por Cesantes

Paseo nocturno para coñecer o litoral de Cesantes e a enseada de San Simón. En horario de 21.30 a 23.30 horas. Actividade de balde con reserva previa no enderezo turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13. Organiza concellería de Medio Ambiente.

Paseo polo litoral de Cesantes

Ruta guiada para coñecer o litoral de Cesantes e a enseada de San Simón. En horario de 10.00 a 13.00 horas. Actividade de balde con reserva previa no enderezo turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13. Organiza concellería de Medio Ambiente.

Os tesouros do río Pexegueiro

Ruta guiada "Os tesouros do río Pexegueiro". Muíños, regatos e lendas ao solpor. Actividade de balde con prazas limitadas. Inscricións na Oficina de Turismo de Redondela, no e-mail turismo@redondela.gal ou no teléfono 986401713.

Obradoiros en Chapela

O Plan Revitaliza da Deputación achega ao paseo de Cardona este xoves dous obradoiros relacionados coa compostaxe . Serán as 10:30 horas para nenos de 6 a 8 anos co Xogo da Miñoca e ás 12:00h para nenos de 9 a 12 coa actividade "Quen vive aí?". As inscripcións poden realizarse en turismo@redondela.gal ou no teléfono […]