Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pillabands en concerto

A diversión está garantida con esta agrupación que bebe de ritmos do folclore mundial. Cumbias, rumba, tango, reagge ou swing forman parte do seu repertorio pasando polo filtro da tradición galega. Entrada de balde, con aforo limitado. Retirada de billetes no Multiúsos da Xunqueira.

Teatro infantil

Será coa obra "Cartoóns" un espectáculo de Excéntricas e Teatro do Adro. A cita é o domingo, 7 de marzo, ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entradas, a un prezo de 3 euros, estarán á venda a partir de mañá mércores, día 3 de marzo.

Teatro infantil

O teatro infantil regresa ao Auditorio da Xunqueira co espectáculo Ningures, de Teatro ao Cubo, onde Sofía Espiñeira e Roberto Casal misturan danza, circo, monicreques e teatro de obxectos.  Entradas á venda, 3 euros. A obra fora adiada o pasado mes de outubro por mor das restricións sanitarias. As entradas retiradas na billeteira daquela son […]

Paseo nocturno por Cesantes

Paseo nocturno para coñecer o litoral de Cesantes e a enseada de San Simón. En horario de 21.30 a 23.30 horas. Actividade de balde con reserva previa no enderezo turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13. Organiza concellería de Medio Ambiente.

Paseo polo litoral de Cesantes

Ruta guiada para coñecer o litoral de Cesantes e a enseada de San Simón. En horario de 10.00 a 13.00 horas. Actividade de balde con reserva previa no enderezo turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13. Organiza concellería de Medio Ambiente.

Os tesouros do río Pexegueiro

Ruta guiada "Os tesouros do río Pexegueiro". Muíños, regatos e lendas ao solpor. Actividade de balde con prazas limitadas. Inscricións na Oficina de Turismo de Redondela, no e-mail turismo@redondela.gal ou no teléfono 986401713.

Obradoiros en Chapela

O Plan Revitaliza da Deputación achega ao paseo de Cardona este xoves dous obradoiros relacionados coa compostaxe . Serán as 10:30 horas para nenos de 6 a 8 anos co Xogo da Miñoca e ás 12:00h para nenos de 9 a 12 coa actividade "Quen vive aí?". As inscripcións poden realizarse en turismo@redondela.gal ou no teléfono […]

Ruta polo rego do Maceiras

Paseo nocturno polo rego do Maceiras para coñecer a flora e fauna da zona. Saída ás 21.30 horas. Actividade de balde con reseva previa no enderezo turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13. Organiza concellería de Medio Ambiente.

Lendas ao solpor da ría

Ruta nocturna "Lendas ao solpor da ría" para coñecer muíños, regatos e o patrimonio inmaterial. Actividade de balde, prazas limitadas. Inscricións na Oficina de Turismo de Redondela, no e-mail turismo@redondela.gal ou no teléfono 986401713.  

Festival de Bandas de Música “Carlos Abal Movilla” de Arcade

I Edición do Festival de Bandas de Música "Carlos Abal Movilla" de Arcade este sábado 21 de agosto ás 19 horas coa actuación da Banda-Escola de Música de Beade, a Agrupación Musical de Vincios e a Bande de Música Artística de Arcade.

Reboreda en Jazz

A programación cultural continúa o sábado 21 cunha xornada adicada ao Jazz na que participarán, como cabeza de cartel, o afamado guitarrista Pedro Andrea que actuará ás 22.00 horas. A xornada, que se celebrará na Finca do Carballo das Cen Pólas en Reboreda, arrancará ás 21.00 horas co directo dos pontevedreses Mr. River.

Paseo nocturno por Cesantes

Paseo nocturno para coñecer o litoral de Cesantes e a enseada de San Simón. En horario de 21.30 a 23.30 horas. Actividade de balde con reserva previa no enderezo turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13. Organiza concellería de Medio Ambiente.