Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cine na rúa con Capitana Marvel

Cinema de rúa este domingo 22 de agosto ás 22:00 horas en Talo Río co proxección de "Capitana Marvel" . Filme ambientado nos anos 90 que nos presenta esta aventura da viaxe de Carol Danvers (Brie Larson) para converterse nunha das heroínas máis poderosas do universo e descubrir quen é en realidade. Entrada de balde […]

Obradoiros na Alameda

O Plan Revitaliza da Deputación achega a Alameda de Castelao o xoves 26 dous obradoiros relacionados coa compostaxe . Serán as 10:30 horas para nenos de 6 a 8 anos co "Xogo da Miñoca" e ás 12:00h para nenos de 9 a 12 coa actividade "Quen vive aí?". As inscripcións poden realizarse en turismo@redondela.gal ou no […]

Ruta polo rego do Maceiras

Paseo nocturno polo rego do Maceiras para coñecer a flora e fauna da zona. Saída ás 21.30 horas. Actividade de balde con reseva previa no enderezo turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13. Organiza concellería de Medio Ambiente.

Teatro en Arcade con MDM

O peirao de Arcade acolle o sábado 28 ás 21:30 horas a actuación do grupo de teatro MDM quen presenta a obra El mentiroso. Unha representación en clave de comedia para todas as idades.

Festival Internacional de Títeres

O XXII Festival internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo celébrase en Redondela do 1 ao 5 de setembro. Actuacións de rúa, nas carpas e no auditorio da Xunqueira.

Coñece o teu camiño

Soutomaior acolle o domingo 5 de setembro ás 20:00 horas na Alameda de Talo Río o programa cultural "Coñece o Teu Camiño" que combina un espectáculo infantil a cargo da compañía Barafunda Animación e unha actuación de folclore con música e danza tradicionais a cargo da Asociación Folclórica Corisco e a Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas. […]

Enquisa días festivos

O Concello de Redondela abriu o prazo para participar na consulta popular na que se solicita a participación de veciños e veciñas para coñecer as súas preferencias de cara a determinar os festivos locais para o vindeiro ano. Unha consulta non vinculante na que se pode participar ata o vindeiro 12 de setembro a través […]

Xornadas portas abertas no Conservatorio

As persoas interesadas en iniciar os seus estudos tanto no Conservatorio de Música Victor Ureña como na Escola de Música, teñen a oportunidade de coñecer de primeira man os intrumentos dos que dispoñen nas xornadas de portas abertas que o centro realizará até o día 8 en horario de 10.30 a 13.30 horas.

Obradoiro Procurando Saúde

A Cruz Vermella de Redondela organiza na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda o obradoiro Procurando Saúde con sesións individuais e grupais nas que se falará de sa´due, benestar, caldiade de vida, xestión do estrés, autoestima e autocoñecemento. O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de setembro na oficina da Cruz Vermella nos baixos […]

Cruch! en Arcade

O Peirao de Arcade acolle o sábado ás 19:30noras o espectáculo de novo circo, clown e malabares para todos os públicos con Kambahiota con La Coquette (Madrid).

Concerto Froles Mareliñas

A Alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle o sábado 11 ás 20:00 horas un concerto de Froles Mareliñas organizado polo Círculo Cultural Recreativo de Chapela en colaboración co Concello, a churrería Montes e Kima Bai.

Camicirco en Talo Río

A Alameda de Talo Río acolle o domingo 12 de setembro unha proposta incluída dentro do programa cultural “Pasiño a Pasiño, Soutomaior no Camiño”. Será co espectáculo de circo e clown a cargo de PattyDiphusa con Superharte a partir da unha da tarde.