Teatro en Arcade con MDM
O peirao de Arcade acolle o sábado 28 ás 21:30 horas a actuación do grupo de teatro MDM quen presenta a obra El mentiroso. Unha representación en clave de comedia para todas as idades.
O peirao de Arcade acolle o sábado 28 ás 21:30 horas a actuación do grupo de teatro MDM quen presenta a obra El mentiroso. Unha representación en clave de comedia para todas as idades.
O XXII Festival internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo celébrase en Redondela do 1 ao 5 de setembro. Actuacións de rúa, nas carpas e no auditorio da Xunqueira.
Soutomaior acolle o domingo 5 de setembro ás 20:00 horas na Alameda de Talo Río o programa cultural "Coñece o Teu Camiño" que combina un espectáculo infantil a cargo da compañía Barafunda Animación e unha actuación de folclore con música e danza tradicionais a cargo da Asociación Folclórica Corisco e a Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas. […]
O Concello de Redondela abriu o prazo para participar na consulta popular na que se solicita a participación de veciños e veciñas para coñecer as súas preferencias de cara a determinar os festivos locais para o vindeiro ano. Unha consulta non vinculante na que se pode participar ata o vindeiro 12 de setembro a través […]
Aberto o prazo para inscribirse nunha bolsa de emprego para optar ao emprego de traballador/a social no Concello de Redondela. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude antes do 17 de setembro. Toda a información aquí
As persoas interesadas en iniciar os seus estudos tanto no Conservatorio de Música Victor Ureña como na Escola de Música, teñen a oportunidade de coñecer de primeira man os intrumentos dos que dispoñen nas xornadas de portas abertas que o centro realizará até o día 8 en horario de 10.30 a 13.30 horas.
A Cruz Vermella de Redondela organiza na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda o obradoiro Procurando Saúde con sesións individuais e grupais nas que se falará de sa´due, benestar, caldiade de vida, xestión do estrés, autoestima e autocoñecemento. O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de setembro na oficina da Cruz Vermella nos baixos […]
O Peirao de Arcade acolle o sábado ás 19:30noras o espectáculo de novo circo, clown e malabares para todos os públicos con Kambahiota con La Coquette (Madrid).
A Alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle o sábado 11 ás 20:00 horas un concerto de Froles Mareliñas organizado polo Círculo Cultural Recreativo de Chapela en colaboración co Concello, a churrería Montes e Kima Bai.
A Alameda de Talo Río acolle o domingo 12 de setembro unha proposta incluída dentro do programa cultural “Pasiño a Pasiño, Soutomaior no Camiño”. Será co espectáculo de circo e clown a cargo de PattyDiphusa con Superharte a partir da unha da tarde.
O recinto acolle este semana unha nova edición do programa “Os Viñedos do Castelo”, con catro sesións para dar a coñecer a finca vinícola para as que xa está aberta a inscrición. As visitas ás catro hectáreas de viñedos do castelo terán lugar os días 14, 15, 16 e 17, todas ás 17.30h, en grupos […]
"Levántate Xan!" é unha proposta de narración oral que o contador Caxoto Díaz Valle levará á Biblioteca Xela Arias o xoves 16 de setembro, ás 18:00 h. e que se desenvolverá no auditorio do Multiúsos de Chapela. Inscrición previa na biblioteca, no teléfono 986-454-226 ou no enderezo bibliotecachapela@redondela.gal. A actividade está pensada para cativos e […]