Bolsa de emprego
Aberto o prazo para inscribirse nunha bolsa de emprego para optar ao emprego de traballador/a social no Concello de Redondela. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude antes do 17 de setembro. Toda a información aquí
Aberto o prazo para inscribirse nunha bolsa de emprego para optar ao emprego de traballador/a social no Concello de Redondela. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude antes do 17 de setembro. Toda a información aquí
As persoas interesadas en iniciar os seus estudos tanto no Conservatorio de Música Victor Ureña como na Escola de Música, teñen a oportunidade de coñecer de primeira man os intrumentos dos que dispoñen nas xornadas de portas abertas que o centro realizará até o día 8 en horario de 10.30 a 13.30 horas.
A Cruz Vermella de Redondela organiza na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda o obradoiro Procurando Saúde con sesións individuais e grupais nas que se falará de sa´due, benestar, caldiade de vida, xestión do estrés, autoestima e autocoñecemento. O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de setembro na oficina da Cruz Vermella nos baixos […]
O Peirao de Arcade acolle o sábado ás 19:30noras o espectáculo de novo circo, clown e malabares para todos os públicos con Kambahiota con La Coquette (Madrid).
A Alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle o sábado 11 ás 20:00 horas un concerto de Froles Mareliñas organizado polo Círculo Cultural Recreativo de Chapela en colaboración co Concello, a churrería Montes e Kima Bai.
A Alameda de Talo Río acolle o domingo 12 de setembro unha proposta incluída dentro do programa cultural “Pasiño a Pasiño, Soutomaior no Camiño”. Será co espectáculo de circo e clown a cargo de PattyDiphusa con Superharte a partir da unha da tarde.
O recinto acolle este semana unha nova edición do programa “Os Viñedos do Castelo”, con catro sesións para dar a coñecer a finca vinícola para as que xa está aberta a inscrición. As visitas ás catro hectáreas de viñedos do castelo terán lugar os días 14, 15, 16 e 17, todas ás 17.30h, en grupos […]
A proposta inclúe varias disciplinas adaptadas a diferentes idades como o pádel, tenis, baile moderno e de salón, patinaxe, ximnasia rítmica e acrobática, iniciación ao deporte, natación, baloncesto e actividade física para adultos. O inicio está previsto para o luns 4 de outubro. Os interesados en recibir máis información ou realizar a súa inscrición poderano solicitar […]
"Levántate Xan!" é unha proposta de narración oral que o contador Caxoto Díaz Valle levará á Biblioteca Xela Arias o xoves 16 de setembro, ás 18:00 h. e que se desenvolverá no auditorio do Multiúsos de Chapela. Inscrición previa na biblioteca, no teléfono 986-454-226 ou no enderezo bibliotecachapela@redondela.gal. A actividade está pensada para cativos e […]
A praia de Cesantes acolle o Festival alternativo Millo Verde, do 17 ao 19 de setembro. Concertos de The Far Badgers, Zeltia Irevire, La Yegros, María Ruiz&La Mare, High Paw e Pillabands.
Redondela acolle durante a fin de semana dos días 18 e 19 unha exposición interactiva integrada por unha veintena de réplicas de dinosauros. As entradas, a un prezo de 6 euros infantil e 8 os adultos, pódense retirar no portal ataquilla.com ou directamente no propio pavillón nos días da exposición. Poderá visitarse o sábado de 17:00 a 19:30 […]
A Escola galega de Consumo organiza este xoves ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira unha charla sobre a nova factura da luz. Ao longo dunha hora informarase aos asistentes sobre os diferentes aspectos á hora de entender unha factura eléctrica así como as medidas a aplicar para abaratar o consumo. A entrada é de […]