Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roteiro Monte Penide/Mirallo

O Concello recupera o programa de roteiros por diferentes enclaves da nosa contorna co obxecto de poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico de Redondela. Guiados polo arqueólogo Xurxo Constela, os participantes nesta primeira andaina, o domingo 26 de setembro, coñecerán os diferentes enclaves arqueolóxicos situados no Monte da Penide/Mirallo. A […]

Carpa informativa compostaxe

O COncello instalará unha carpa informativa nos seguintes emprazamentos en horario de 9:30 h a 14 h: Luns 27 de setembro. Centro de Saúde de Chapela. Martes 28 de setembro. Alameda Rosalía de Castro de Chapela. Xoves 30 de setembro. Mercado de Abastos de Redondela.

Contacontos na biblioteca de Soutomaior

A primeira cita do programa Ler conta moito! terá lugar este mércores 29 de setembro ás 18.00 h na Biblioteca Municipal co contacontos "Historias da Marquesa" a cargo da compañía Pavís Pavós. Dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos e público familiar. Un espectáculo no que se conta a historia dunha marquesa […]

Charlas informativas e reparto de composteiros

O Concello desenvolverá charlas informativas nas distintas parroquias –todas elas ás 20 horas– segundo seguinte calendario: Mércores 29 de setembro. Centro Cultural de Cabeiro Xoves 30 de setembro. Centro Cultural Miñoteira. San Martiño Venres 1 de outubro. Centro Cultural Saramagoso. O Viso.

Curso tratamento do amianto

A Casa da Cultura de Redondela acolle os días 30 de setembro e 1 de outubro un curso de manipulación e tratamento do amianto. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude como data límite o 23 de setembro no correo electrónico proyectos @g2consultores.es ou no enderezo tecnica.prevencion.riscos@redondela.gal. Tamén teñen a súa disposición o teléfono 986 392209. […]

Obradoiro de Ciencia divertida en Chapela

Obradoiro:"20.000 leguas de lectura divertida", con Ciencia Divertida. O xoves 30 de setembro, ás 18:30 horas, na biblioteca Xela Arias de Chapela. Orientado a nenos e nenas de 6 a 12 anos. O prazo de inscrición está aberto na propia biblioteca, no teléfono 986 45 42 26 ou no correo bibliotecachapela@redondela.gal

Shopping Days

A Asoicación de emrpesarios organiza os Shopping Days os días 1 e 2 de outubro, coa presentación da nova tempada e descontos Outlet tanto nos postos instalados na rúa Riberia como nas rúas diante das tendas.

Festival Artistas de Rúa

As rúas de Redondela acollerán nas tardes do días 1 e 2 de outubro os espectáculos das compañías: Troula Animación, Tiritirantes, Xip Xap e Inventi Teatro. Unha actividade organizada pola Concellería de Cultura.

Concerto de Sheila Patricia

A segunda sesión do festival Souto Mareiro terá lugar este venres no Multiúsos de Arcade ás 21.30 horas con actuación da cantautora Sheila Patricia quen ofrecerá un repertorio que se desenvolve en diferentes estilos, como a canción de autor, o folk galego, os boleros, o jazz e ata o fado. A entrada é de balde […]

Conferencias en San Simón

A Illa de San Simón acolle este sábado día 2 o ciclo de conferencias A música alfonsina en Galicia. A actividade busca homenaxear a Alfonso X O Sabio, autor das Cantigas de Santa María, no 800 aniversario do seu nacemento. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse de xeito gratuíto a través da web do […]

Teatro infantil con Rosalía

O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo día 3 ás 18:30 horas a obra Rosalía, dirixida por Fina Calleja. Entrada de balde con invitación que se debe recoller previamente no propio Multiúsos.

Contacontos con Charo Pita

A biblitoeca de Soutomaior acolle un contacontos con Charo Pita o mércores día 6 ás 18:00 horas. Mirando o Ceo é o título do espectáculo e fai referencia a como na antigüidade a xente se orientaba mirando o ceo e, para lembrar o lugar que ocupaba unha estrela, inventábanse unha historia. Unha proposta orientada e […]