Festival Artistas de Rúa
As rúas de Redondela acollerán nas tardes do días 1 e 2 de outubro os espectáculos das compañías: Troula Animación, Tiritirantes, Xip Xap e Inventi Teatro. Unha actividade organizada pola Concellería de Cultura.
As rúas de Redondela acollerán nas tardes do días 1 e 2 de outubro os espectáculos das compañías: Troula Animación, Tiritirantes, Xip Xap e Inventi Teatro. Unha actividade organizada pola Concellería de Cultura.
A segunda sesión do festival Souto Mareiro terá lugar este venres no Multiúsos de Arcade ás 21.30 horas con actuación da cantautora Sheila Patricia quen ofrecerá un repertorio que se desenvolve en diferentes estilos, como a canción de autor, o folk galego, os boleros, o jazz e ata o fado. A entrada é de balde […]
A Illa de San Simón acolle este sábado día 2 o ciclo de conferencias A música alfonsina en Galicia. A actividade busca homenaxear a Alfonso X O Sabio, autor das Cantigas de Santa María, no 800 aniversario do seu nacemento. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse de xeito gratuíto a través da web do […]
O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo día 3 ás 18:30 horas a obra Rosalía, dirixida por Fina Calleja. Entrada de balde con invitación que se debe recoller previamente no propio Multiúsos.
A biblitoeca de Soutomaior acolle un contacontos con Charo Pita o mércores día 6 ás 18:00 horas. Mirando o Ceo é o título do espectáculo e fai referencia a como na antigüidade a xente se orientaba mirando o ceo e, para lembrar o lugar que ocupaba unha estrela, inventábanse unha historia. Unha proposta orientada e […]
O sábado 9 de outubro ás 21 h na Alameda de Talo Río en Arcade poderase escoitar en directo a música da formación De Vacas. Con esta actividade o Concello de Soutomaior pechará o programa "Pasiño a Pasiño, Soutomaior no camiño" no marco Xacobeo 21-22. Entrada de balde, ata completar aforo por orde de chegada.
Presentación do libro editado dende Normalización Lingüística co obxecto de dar a coñecer a parroquia de Cabeiro. Na presentación, que terá lugar o mércores áas 19:30 horas do mércores 13 no Centro Cultural de Cabeiro participan o autor do texto, Amante Romero e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas. Haberá distribución gratuíta de exemplares.
Dende hai xa unha década o proxecto Fiare está implantado en España, un tipo de entidade financeira que fuxe da especulación e basea o seu funcionamento en tres principios básicos: a transparencia, a democracia e a participación en proxectos solidarios e transformadores. Para dar a coñecer o proxecto e resolver calquera dúbida celébrase este mércores […]
Espectáculo audiovisual "Cinema marabillas", con Raquel Queizás. O xoves 14 de outubro, ás 18:30 h., no auditorio do Multiúsos de Chapela Para nenos e nenas a partir de 5 anos e as súas familias. O prazo de inscrición está aberto na propia biblioteca, no teléfono 986 45 42 26 ou no correo bibliotecachapela@redondela.gal
Arranca esta semana o programa de visitas guiadas ao antigo camposanto de Redondela construído en 1833 e recentemente rehabilitado. A súa posta en valor pasa necesariamente por dalo a coñecer entre veciños e visitantes, polo que dende o Concello retómanse estas visitas que arrancan o vindeiro venres 15 de outubro e que continuarán os días […]
O Multiúsos da Xunqueira acolle o domingo 17 de outubro ás 20:00 horas a II edición do festival Casto Sampedro coa actuación da asociación folclórica o Carballo das Cen Pólas e os Fillos D’Pile. Entradas gratuítas previa retirada no propio Multiúsos.
O mércores 20 ás 18:00 horas chega a biblioteca de Arcade Ender’s game, un obradoiro orientado a maiores de 12 anos baseado na novela O xogo de ender. Neste obradoiro farase unha descrición do libro, da súa mensaxe e do seu ambiente e despois crearanse instrumentos electrónicos tipo alarma láser e marcadores lasertag para facer […]