Concerto de Corais
O Multiúsos de Arcade acolle este sábado 23 ás 20 h un concerto de corais coa actuación das Corais Polifónica de "Soutomaior" e Polifónica "A Cañiza". Unha propostas de balde ata completa aforo.
O Multiúsos de Arcade acolle este sábado 23 ás 20 h un concerto de corais coa actuación das Corais Polifónica de "Soutomaior" e Polifónica "A Cañiza". Unha propostas de balde ata completa aforo.
A explanada do Salgueirón acolle este mércores 27 unha unidade móbil da Inspección técnica de vehículos que permitirá a todos aqueles que conten cun vehículo agrícola pasara revisión obrigatoria sen necesidade de ter que desprazarse. O horario de atención ao público é de 9:00 a 13:30 horas. Pódese solicitar cita previa no teléfono 902309000 ou […]
A Asociación Labrego Cultural de Reboreda acolle o libro de Carlos Rodríguez "Reboreda: espazos de pedra, músicas de auga". Unha publicación promovida dende o servizo deormalización Lingüística co obxecto de dar a coñecer a riqueza das diferentes parroquias que confroman o Concello. A presentación terá lugar o sábado 30 ás 13:00 horas e contará coa […]
A biblioteca Luis Seoane acolle o o 27 de outubro ás 18:00 horas Contos do Mundo, unha proposta que pretende achegar as nenas e nenos outras culturas e realidades diferentes. Está destinado este contacontos a rapazada de entre 5 e 10 anos.
O Concello de Redondela en colaboración coa Asociación de Empresarios convidan aos cativos a achegarse ao comercio local os días 29 e 30 onde recibirán caramelos para celebrar o Samaín.
O programa organizado dende o Concello de Redondela arranca o venres 29 de outubro co obradoiro “Fai a túa cabaza de Samaín” que se desenvolverá no Multuisos do Piñeiral do Crego en Chapela e no Multiusos da Xunqueira en Redondela de 17:00 a 19:30 horas
O día 30 o Concello de Redondela organiza unha xincana infantil ambientada e caracterizada coa temática do Samaín, que comezará ás 18:30 horas na Praza do Concello, con inscrición previa no enderezo electrónico turismo@redondela.gal e no teléfono 986 401 713
Teatro no Multiúsos coa obra As fillas bravas de Momán a cargo da compañía Chévere producións. O sábado 30 de outubro ás 20:00 horas. Entrada 3 euros. Organiza a Concellería de Cultura.
O Concello organiza o sábado 30 unha visita aos Petróglifos da Pedreira en Ventosela. Un roteiro que permitirá aos asistentes achegarse aos montes desta parroquia onde se atopan numerosos gravados rupestres. O feito de que a visita se realice en horario nocturno permitirá contemplar os petróglifos dun xeito diferente empregando lanternas que permitirá observalos mellor […]
Sociedade labrego cultural de Reboreda celebra o samain este domingo 31 a partir das 17:30 cunha festa infantil na que a rapazada contará con animación e unha merenda.
Fulano, Mengano e Citano presentan en Pazos de Borbén “A louca historia de Galicia” O auditorio do Concello de Pazos acolle este venres 5 ás 20:00 horas o último espectáculo teatral da compañíaviguesa. Por cuestións de aforo para asistir a esta representación teatral é obrigatorio inscribirse previamente na Biblioteca no teléfono 986 497 273.
O Multiúsos de Chapela acolle o venres 5 de novembro ás 20:00 horas un concerto homenaxe a Xela Arias a cargo da formación viguesa Desertores. Entrada de balde. Organiza Concellería de Cultura.