Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación libro da parroquia de Reboreda

A Asociación Labrego Cultural de Reboreda acolle o libro de Carlos Rodríguez "Reboreda: espazos de pedra, músicas de auga". Unha publicación promovida dende o servizo deormalización Lingüística co obxecto de dar a coñecer a riqueza das diferentes parroquias que confroman o Concello. A presentación terá lugar o sábado 30 ás 13:00 horas e contará coa […]

Contos do Mundo en Soutomaior

A biblioteca Luis Seoane acolle o o 27 de outubro ás 18:00 horas Contos do Mundo, unha proposta que pretende achegar as nenas e nenos outras culturas e realidades diferentes. Está destinado este contacontos a rapazada de entre 5 e 10 anos.

Caramelos no comercio local

O Concello de Redondela en colaboración coa Asociación de Empresarios convidan aos cativos a achegarse ao comercio local os días 29 e 30 onde recibirán caramelos para celebrar o Samaín.

Obradoiros Fai a túa cabaza

O programa organizado dende o Concello de Redondela arranca o venres 29 de outubro co obradoiro “Fai a túa cabaza de Samaín” que se desenvolverá no Multuisos do Piñeiral do Crego en Chapela e no Multiusos da Xunqueira en Redondela de 17:00 a 19:30 horas

Xincana infantil de Samaín

O día 30 o Concello de Redondela organiza unha xincana infantil ambientada e caracterizada coa temática do Samaín, que comezará ás 18:30 horas na Praza do Concello, con inscrición previa no enderezo electrónico turismo@redondela.gal e no teléfono 986 401 713

As fillas bravas de Momán no Multiúsos

Teatro no Multiúsos coa obra As fillas bravas de Momán a cargo da compañía Chévere producións. O sábado 30 de outubro ás 20:00 horas. Entrada 3 euros. Organiza a Concellería de Cultura.

Roteiro aos Petróglifos da Pedreira

O Concello organiza o sábado 30 unha visita aos Petróglifos da Pedreira en Ventosela. Un roteiro que permitirá aos asistentes achegarse aos montes desta parroquia onde se atopan numerosos gravados rupestres. O feito de que a visita se realice en horario nocturno permitirá contemplar os petróglifos dun xeito diferente empregando lanternas que permitirá observalos mellor […]

Samaín en Reboreda

Sociedade labrego cultural de Reboreda celebra o samain este domingo 31 a partir das 17:30 cunha festa infantil na que a rapazada contará con animación e unha merenda.

Teatro en Pazos de Borbén

Fulano, Mengano e Citano presentan en Pazos de Borbén “A louca historia de Galicia” O auditorio do Concello de Pazos acolle este venres 5 ás 20:00 horas o último espectáculo teatral da compañíaviguesa. Por cuestións de aforo para asistir a esta representación teatral é obrigatorio inscribirse previamente na Biblioteca no teléfono 986 497 273.

Concerto de Desertores

O Multiúsos de Chapela acolle o venres 5 de novembro ás 20:00 horas un concerto homenaxe a Xela Arias a cargo da formación viguesa Desertores. Entrada de balde. Organiza Concellería de Cultura.

Soutoxusto prolonga as actividades do Samaín

A Asociación de festas do Carme de Soutoxusto organiza este sábado 6 a partir das 18:00 hroas unha xornada de magosto e festa de samaín, onde se repartirá castañas e chocolate de balde, celebrarase un obradoiro infantil especial Samaín e haberá música en directo. Tamén se organiza un concurso de sobremesas e de deseño de […]

Antonio Barros con Ialma

Os boleros e as baladas son as protagonistas no repertorio do cantante Antonio Barros, quen se subirá ao escenario do Multiúsos da Xunqueira o sábado 6 de novembro ás 20:00 horas. Entrada 3 euros. Organiza Concello de Redondela.