Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Laboratorios de historias en Soutomaior

A biblioteca de Soutomaior celebra o mes da Ciencia en galego cos "Laboratorios de Historias" As actividades desenvolveranse o mércores 10 de novembro con dúas quendas, a partir das 16:30 horas orientado a mozos e mozas de 8 a 17 anos e a partir das 18:15 cun laboratorio no que poderán participar aqueles que sexan […]

Presentación libro Chapela, de onte a hoxe

A biblitoeca de Chapela acolle o mércores 10 ás 19:00 horas a reedición do libro de fotografías recompliadas por Gonzalo Mencía baixo o título "Chapela, de onte a hoxe". Organiza Normalización Linguïstica.

Masterclass Dirección Orquestral

A Orquesta de Saxos organiza as primeiras xornadas deDirección dee Orquestra do 11 ao 13 de novembro baixo a batuta do mestre Sander teepen e o pianista acompañante Martien Maas. Inscricións en orquestadesaxos@hotmail.com  

Vilar de infesta celebra o San Martiño

A Comisión de Festas de Vilar organiza este xoves, 11 de novembro, festividade de San Martiño, unha xornada de convivencia, castañas, música e verbena que arrancará ás 12 do mediodía e se prolongará ata ben entrada a noite como actuación do grupo Assia.

Xornada de comunicación museística

O Reina Sofía, Casa Natal Picasso, o Pompidou de Málaga,  Casa Vicens Gaudí e a Colección do Museo Ruso compartirán as súas estratexias de comunicación co público asistente a unha xornada que se celebra este venres 12 de novembro no Multiusos de Redondela. Reforzar a presenza dixital  e crear seccións que favorezan a interacción cos […]

III Magosto Sinha Paca

A Asociación Cultural Sinha Paca recupera a festa das castañas cunha celebración que se vai desenvolver en Ventosela. O sábado 13 de novembro dende as 11:00 da mañá ata as nove da noite.

Contos e castañas en Soutomaior

O Concello de Soutomaior organiza este domingo 14 de novembro unha actividade de celebración do outono baixo o título "Lume de contos para tarde de castañas". A xornada desenvolverase a partir das 17:00 horas no Campo de San Benito de Romariz e inclúe a actuación do contador de historias Celso Fernández Sanmartín (Celsiño).

Representación de O candil, un musical galego

A escola galega de teatro musical presenta a obra “O candil, un musical galego”. O domingo 14 de novembro ás 18:30 horas. Enmarcada no ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.

Presentación do libro A árbore dos vagalumes

A Casa da Cultura acolle este xoves 18 a presentación do libro A árbore dos vagalumes da escritora Xulia María Barros. A presentación literaria contará tamén coa actuación musical de Sheila Patricia. O acto será ás 19:00 horas e contará coa presenza da escritora, a editora de belagua Edurne Baines e a alcaldesa Digna Rivas.

Asemblea traballadores do Concello

A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa do Concello de Redondela convocan os traballadoras a unha Asemblea Xeral o venres 19 ás 8.00 horas no pavillón polideportivo da Marisma (pavillón novo) para informar sobre o estado das negociacións co equipo de goberno sobre os complementos salariais, sobre os resultados da Mesa Xeral de […]

Visitas guiadas ao cemiterio dos Eidos

Continúa o programa de visitas guiadas ao antigo camposanto de Redondela construído en 1833 e recentemente rehabilitado. A súa posta en valor pasa necesariamente por dalo a coñecer entre veciños e visitantes, polo que dende o Concello organizan estas visitas os días 19 de novembro e 17 de decembro ás 20:00 horas. As prazas poden […]

El Sevilla abre o ciclo Humor na súa tinta

La vida es rocanrol é o título do espectáculo que nos propón El Sevilla o domingo 21 de novembro ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Unha proposta incluída no IV Ciclo de Humor na súa tinta do Concello de Redondela. Prezo 12 euros.