Representación de O candil, un musical galego
A escola galega de teatro musical presenta a obra “O candil, un musical galego”. O domingo 14 de novembro ás 18:30 horas. Enmarcada no ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
A escola galega de teatro musical presenta a obra “O candil, un musical galego”. O domingo 14 de novembro ás 18:30 horas. Enmarcada no ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
A Casa da Cultura acolle este xoves 18 a presentación do libro A árbore dos vagalumes da escritora Xulia María Barros. A presentación literaria contará tamén coa actuación musical de Sheila Patricia. O acto será ás 19:00 horas e contará coa presenza da escritora, a editora de belagua Edurne Baines e a alcaldesa Digna Rivas.
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa do Concello de Redondela convocan os traballadoras a unha Asemblea Xeral o venres 19 ás 8.00 horas no pavillón polideportivo da Marisma (pavillón novo) para informar sobre o estado das negociacións co equipo de goberno sobre os complementos salariais, sobre os resultados da Mesa Xeral de […]
A campaña solidaria desenvolverase do 19 ao 25 de novembro en supermercados de toda España. Unha iniciativa á que se suman as tendas de Redondela que contará coa participación de 30 voluntarios encargados de informar aos clientes sobre esta nova edición da Gran Recollida que será virtual: achegas económicas ao pasar por caixa, adquisición de […]
Continúa o programa de visitas guiadas ao antigo camposanto de Redondela construído en 1833 e recentemente rehabilitado. A súa posta en valor pasa necesariamente por dalo a coñecer entre veciños e visitantes, polo que dende o Concello organizan estas visitas os días 19 de novembro e 17 de decembro ás 20:00 horas. As prazas poden […]
La vida es rocanrol é o título do espectáculo que nos propón El Sevilla o domingo 21 de novembro ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Unha proposta incluída no IV Ciclo de Humor na súa tinta do Concello de Redondela. Prezo 12 euros.
As Bibliotecas súmanse ás conmemoracións do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller e organizan un contacontos-obradoiro a cargo da profesora Jessica Rodríguez que se desenvolverá en Redondela este xoves 25 e en Chapela o xoves día 2 de decembro. Unha actividades de contacontos e obradoiro en base ao album ilustrado “Peúgo, […]
Presentación do libro “Calladita no eres más bonita” na Biblioteca Municipal Luis Seoane, o día 26 de Novembro ás 18:00 horas enmarcado dentro da programación que organiza o concello de Soutomaior co gallo do día contra a violencia de xénero. Escrito por Nuria Prieto, baseado en testemuñas reais de mulleres menores de 30 anos, vítimas […]
Galiza Nova organiza un acto baixo o título Rachamos co patriarcado este venres 26 de novembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura. Trátase dun obradoiro no que se analizará "O papel da muller no cinema e nas series”.
O Concello organiza o sábado 27 de novembro unha visita guiada aos petróglifos de Monte Penide, concretamente os que se atopan en Chan da Cruz e Coto do Corno. A inscrición é gratuíta e debe realizarse no teléfono 600 381782.
Ummm!! unha comedia para chupar os dedos da compañía Avento Producións chega ao Multiúsos da Xunqueira da man do IV Ciclo de teatro Infantil do Concello de Redondela. O 28 de novembro ás 18:00 horas. Prezo 3 euros.
O Multiúsos do Piñeiral en Chapela acolle o II festival de outono coa actuación do grupo Airiños do Mar de Teis. O domingo 28 de novembro ás 19:00 horas con entrada de balde.