Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

II Festival Airiños do Mar de Teis

O Multiúsos do Piñeiral en Chapela acolle o II festival de outono coa actuación do grupo Airiños do Mar de Teis. O domingo 28 de novembro ás 19:00 horas con entrada de balde.

Campamentos conciliación de Nadal

As persoas interesadas en acceder a este servizo municipal que se desenvolverá entre o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 horas deberán facer a súa solicitude antes do 10 de decembro. A actividade desenvolverase nun total de seis parroquias así como no centro da vila e busca […]

Contacontos “Peúgo, o calcetín melenudo”

As Bibliotecas súmanse ás conmemoracións do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller e organizan un contacontos-obradoiro a cargo da profesora Jessica Rodríguez que se desenvolverá en Chapela o xoves día 2 de decembro. Unha actividade de contacontos e obradoiro baseada no album ilustrado “Peúgo, o calcetín melenudo”. En Chapela o día […]

Concerto benéfico “Pequenos músicos solidarios”

O Conservatorio de Música Victor Ureña de Redondela organiza o venres 3 de Decembro, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira ás 19:00 horas, un concerto benéfico a favor da ONG redondelá “Da man”. No concerto participarán alumnos de diferentes especialidades e agrupacións instrumentais do Conservatorio como a Chouque Big Band. Entrada donativo 5 euros.

Teatro con Fulano, Mengano e Citano

“O que hai que ver” unha nova comedia da compañía Fulano, Mengano e Citano o sábado 4 de decembro no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas. Enmarcada no ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.

Curso de poda e inxerto

O Centro Cultural de Cedeira organiza un curso de poda e inxerto os días 10 e 11 de decembro

Concerto As Efémeras

A agrupación redondelá regresa aos escenarios locais cunha actuación o sábado 11 de decembro ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 3 euros. Organiza o Concello de Redondela.

Concerto de Nadal en Reboreda

A Igrexa de Reboreda acolle un concerto cos grupos Navia Swing Band (Vigo) e Xingro's Big Band (Redondela). A cita está organizada pola Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.

Concerto de Saxos en Cedeira

Actuación da Orquestra de Saxos de Redondela no Centro cultural de Cedeira o domingo 12 de decembro ás 18:30 horas.

Concerto Tríptico de Nadal

O Multiúsos de Chapela énchese de música coral coas formacións Coral o Piñeiral e Coro voces graves de Vigo. O domingo 12 de decembro ás 18:30 horas con entrada de balde. Organiza o Concello de Redondela.

III Certame relato curto de Pazos de Borbén

O auditorio do Concello acolle o venres 17 ás 11:30 horas a entrega de premios correspondente aos "III certame de relato curto de Pazos promovido dende a Biblioteca e no que participaron 67 escolares de distintas idades do CPI "Curros Enríquez".

Concerto da escola de música

O alumnado da Escola de música de Chapela ofrece un concerto de balde no Multiúsos da parroquia o venres 17 de  decembro ás 20:00 horas.