Concerto Tríptico de Nadal
O Multiúsos de Chapela énchese de música coral coas formacións Coral o Piñeiral e Coro voces graves de Vigo. O domingo 12 de decembro ás 18:30 horas con entrada de balde. Organiza o Concello de Redondela.
O Multiúsos de Chapela énchese de música coral coas formacións Coral o Piñeiral e Coro voces graves de Vigo. O domingo 12 de decembro ás 18:30 horas con entrada de balde. Organiza o Concello de Redondela.
O auditorio do Concello acolle o venres 17 ás 11:30 horas a entrega de premios correspondente aos "III certame de relato curto de Pazos promovido dende a Biblioteca e no que participaron 67 escolares de distintas idades do CPI "Curros Enríquez".
O alumnado da Escola de música de Chapela ofrece un concerto de balde no Multiúsos da parroquia o venres 17 de decembro ás 20:00 horas.
Concerto do grupo de música tradicional As Abeleiras de Alxán, o sábado 18 de decembro ás 20:00 horas no Multiúsos de Arcade con entrada de balde.
O Centro Cultural de Reboreda acolle un concerto de Nadal coa participación do Grupo de Acordeóns Algareiros e o Grupo de Música e Coro Tradicional de Cidadelle. Ao remate do concerto, organizado pola Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, ofrecerase aos asistentes doces de Nadal e sidra.
Beatriz Rico presenta no Multiúsos da Xunqueira o monólogo “Antes muerta que convicta” o sábado 18 de decembro ás 20:30 horas. Unha proposta incluída no IV Ciclo de Humor na súa tinta do Concello de Redondela. Prezo 12 euros.
O Multiúsos de Arcade acolle o domingo 19 o concerto de Nadal a cargo do alumnado da Escola de Música. Ás 13:00 horas con entrada de balde.
Proxección da película Animales fantásticos y donde encontrarlos o domingo 19 ás 18:00 horas na Casa de Cultura Regina Míguez Doval de Soutomaior
A Agrupación Anaquiños é a encargada do festival de Nadal que se vivirá no Multiúsos de Chapela o domingo 19 de decembro ás 18:00 horas coa actuación dos seus diferentes grupos de música e baile. Entrada de balde.
O grupo de teatro Fonte da Tella sóbese ao escenario no Centro Cultural de Cedeira o domingo 19 de Decembro ás 18:30 horas. Entrada de balde
Papá Noel comezará a xúa xira en CESANTES, no Campo de San Pedro, entre as 16 h e 16 30 horas e no Centro Cultural de 16:45 h a 17:15 horas para continuar cara ao VISO onde terá un primeiro encontro coa rapazada no Centro Cultural de Soutoxuste de 17:30 h a 18 horas e […]
A pianista Andrea González interpreta en Redondela a música do monxe beneditino galego Rosendo Salvado. O concerto terá lugar no Multiúsos da Xunqueira o vindeiro luns día 20 ás 19:00 horas e está incluído no ciclo Salvado en Ruta subvencionado pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas.