Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro en Reboreda

A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda acolle este domingo día 13 ás 17:30 horas a obra “Saco roto” a cargo da compañía de actores e actrices afeccionados da terceira idade A súa vila de San Xenxo. Unha comedia na que a través de varias xeracións relátanse as vivencias dunha familia da contorna rural de principios […]

Xavier Deltell no Multiúsos

Xavier Deltell pecha o ciclo Humor na súa tinta co monólogo Dando la nota. O domingo 13 de febreiro ás 19:30 horas. Unha proposta incluída no IV Ciclo de Humor na súa tinta do Concello de Redondela. Prezo 12 euros.

Charlas vespa velutina

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela continua esta vindeira semana a serie de charlas informativas, impartidas por persoal do SEIS Redondela (Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento), nas que se darán a coñecer os protocolos de actuación fronte á vespa velutina. As citas serán o mércores 16 de febreiro no Centro […]

Concurso de escaparates de Entroido

A área de eventos convoca por segundo ano consecutivo este concurso de escaparates co obxecto de incentivar e premiar os comerciantes que decoran de xeito especial os seus locais co gallo do Entroido. A inscrición debe realizarse no enderezo concursoescaparatesentroido@redondela.gal como data límite o 18 de febreiro. Outorgaranse tres premios que recoñecerán a orixinalidade e […]

Abeleiras

As Abeleiras de Alxán de Soutomaior actúan no Multiúsos da Xunqueira o sábado 19 de febreiro ás 20:00 horas. Entrada 3 euros.

Teatro con A Panadaría

Continúa o ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura nesta ocasión coa obra “As que limpan” da compañía de teatro A panadaría. A actuación será o domingo 20 de febreiro ás 18:30 horas no Multiúsos de Redondela. Entrada 3 euros.

A Meniña gaiteira

O Multiúsos de Arcade acolle o venres 25 ás 20:00 horas o espectáculo musical "A meniña gaiteira" no que Servando Barreiro Canta a Rosalía. Un espectáculo baseado na vida e obra de Rosalía de Castro durante o cal os poemas de Rosalía son cantados entre paisaxes biográficas e declaracións sobre a súa condición de muller […]

Curso de defensa persoal

O pavillón da Marisma acolle este sábado en horario de mañá un seminario de defensa persoal no que as participantes aprenderán técnicas para se defender en caso dun eventual ataque. Unha actividade orientada a calquera idade e sen necesidade de contar con coñecementos previos en deportes de contacto. Pola tarde as clases serán abertas a […]

Homenaxe a Zeca Afonso

Redondela súmase a unha nova edición do Festival Converxencias Galicia-Portugal. Faino cunha intensa xornada de actividades para todos os públicos que se vai desenvolver o sábado 26 da man do Colectivo Sinha Paca e en colaboración co Concello. Obradoiros para as crianzas en horario de mañá (11:30 a 13:30), presetnación do libro O Zeca para […]

Concerto da Gramola Gominola

A Alamdea de Castelao acolle o sábado 26 actividades do Entroido orientadas aos máis cativos con obradoiros infantís de 17:00 a 19:00 horas e concerto As que máis molan da Gramola Gominola ás 18:30 horas

Desfile de comparsas

As comparsas participantes concentraranse ás 17:00 horas no Campo da Feira e, ao tempo, haberá animación musical nas rúas coa aosicación de percurionistas e tamborileiros Aperta. Unhas horas despois as comparsas percorrerán as rúas da vila dnede o Campo da feira ata Vilavella.

Entroido infantil en Reboreda

A Sociedade labrego cultural organiza o luns 28 unha tarde de entroido orientada aos máis cativos con animación de Tatarina e concurso de disfraces a partir das 17:00 horas. Haberá premios para os tres primeiros clasificados e merenda de balde para a rapazada.